domingo, 27 de noviembre de 2011

Ruta do Río Silvaboa

(Sin Data Prevista)


Lugar: Fréas (Piñor, Ourense)
Distancia: 9 km
Duración: 3
Dificultade: Baixa
Circular:Si




Núcleos de poboación: Freás, Coteas e Casfigueiro.
Descrición da ruta: Esta ruta chamada "Ruta do río Silvaboa" pasa por aldeas da parroquia da Canda, seguindo en todo momento, o fluír do río Silvaboa.
A ruta poderíase clasificar como lineal e aínda que se podería facer a través dun só lado do río, recoméndase facer a ruta en forma circular, pasando por un e outra marxe do río Silvaboa, xa que en cada marxe descubrirás construcións e paisaxes únicas, dignas de ser vistos.
Pasarás por antigas pontes de pedra de grande interese histórico-artístico; á beira de numerosos e antigos muíños, que aínda que hoxe en día están abandonados, deixan entrever o pasado destas terras; xunto a unha das primeiras minicentrais eléctricas da bisbarra, que construíron os veciños do pobo de Freás alá por 1945; impoñentes Pazos cheos de historia; e sobre todo fermosas paisaxes, mostra do gran patrimonio natural de Piñor, que invitan o turista a internarse na nosa historia e na frondosidade das nosas verdes terras.
Guía do senderista
Punto 1 (Inicio): Piscinas de Freás
Punto 2: Muíños
Punto 3: Antiga ponte de Coteas, área recreativa.
Punto 4: Zona de baño "Ou Cántaro".
Punto5: Terreos e construcións do Pazo de Vilariño
Punto 6: Ponte da antiga N-525

    Mais Información:
    http://www.pinor.es










    No hay comentarios:

    Publicar un comentario