Lugar: Fonsagrada (Lugo)
Distancia: 21 km
Duración: 7
Dificultade: Media
Circular:Si
Percorrido circular dividido en dous tramos que lle ofrece ao visitante a oportunidade de coñecer a comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético, e o nacemento do río Eo son os protagonistas do camiño.
Dende San Paio, recoméndase facer o primeiro tramo ata a Área recreativa da Cortevella ascendendo en dirección leste pola Pena Cerrada e, posteriormente, cara ao norte ata a Pena da Raia, ata chegar á Marronda, que constitúe un magnífico exemplo de fraga autóctona galega. Incluída na «Rede Natura 2000» e Reserva da Biosfera, é unha das máis importantes reservas de faias da Europa suroccidental.
Tras cruzar a aldea de Mendreiras, iníciase un prolongado descenso ata chegar á área recreativa onde se poden contemplar as vistas panorámicas dende o miradoiro do Ferreiro e visitar o muíño deste nome.
A partir de aquí comeza o segundo tramo da ruta que percorre o río Eo por ambas as marxes ata San Paio. Neste tramo crúzanse os regatos da Teixeda e Monte Meán e visítanse as fervenzas do Pozo da Ferreira e de Acea de Serra, así como o pequeno núcleo de Cabreira.
Nalgúns tramos pásase dunha beira do río a outra a través de varias pontes coma a de Naseiro, onde finalmente se abandona o Eo e se regresa a San Paio.
Sendeiro homologado pola Federación Galega de Montañismo.
Mais Información:
http://www.amarronda.com/acceso.htm
http://es.wikiloc.com
Prevision do tempo para esos dias en A Fonsagrada
.
.
Comentario persoal da ruta:
Comezou a ruta cunha forte subida na que supostamente se vería a Fraga dá Morronda pero a néboa encargouse de que non vise mais alá dos piñeiros que bordeaban o camiño. Unha vez que se foi xa estaba case no final do descenso polo que só puiden ver o remate da Fraga que se me antoxou moi fermosa polo pouco anaco que vin, a partir de aí a ruta tubo unha viaxe polos cumios dos pequenos montes cunha vista dos vales que as fotos non son capaces de plasmar. Despois dunha baixada moi pronunciada foi a chegada a "O Miradoiro do Ferreiro" un lugar especial con aberracións espectaculares onde se pode contemplar o que a idiotez e o diñeiro poden facer xuntos.
Despois a suba polo rio é moi bonita ata volver de novo al punto de saída camiñando entre castaños e carballos con unhas vistas dos vales impresionante.
. 
muy bonitas las fotos, parece una ruta muy agradable, espero poder incorporarme pronto a las siguientes. Cada cuanto se van a hacer rutas?
ResponderEliminarSe hara una al mes.... a veces puede que dos, depende del tiempo y de como coincidan los fines de semana.
ResponderEliminarSupoño que coma sempre ti sosiño,cando poñas a siguinte tratarei de ir.
ResponderEliminarLembra que temos unha pendiente por Ancares con neve.Un saudo.
Sí...soiño !!....pero eu xa comprei os crampons..
ResponderEliminar¿ti que?
Que pronto estara cheo de neve...tanto Trevinca como Os Tres Bispos.