domingo, 18 de diciembre de 2011

Ruta dos Tres Bispos con NEVE (Ancares)


(Feita o 11 de Febreiro con pouca neve)



Lugar: Parroquia de Degrada(Cervantes) - Os Ancares
Distancia: 17 km
Duración: 7
Dificultade: Media-Alta
Circular:Si


Optouse por saír do albergue e tomar a bifurcación da esquerda, que finalmente se converte en pista sen asfaltar -apta para vehículos todo terreo- que pasa por bosques de carballos e piñeiros e por algunha fonte. Dende a Campa de Tres Bispos, tomamos un sendeiro moi estreito que sae da dereita (hai outros que levan cara aos cumios) e se internan un xigantesco bosque de carballos.

Sen deixar o sendeiro, sempre cara á dereita, se chega á Campa de Braña. Dende alí e cara á esquerda chégase ao Refuxio de Brego nun suave descenso. Un fermoso regueiro e boas explanadas espérannos. Tras volver ata a Campa de Braña, agora á dereita, dirixímonos en pronunciado descenso ao encontro do río Vara, con numerosos saltos de auga e fontes, a través de fermosos bosques de acivro. Tras chegar ás ruínas dun antigo serradoiro, comeza unha suba en zig-zag, continua pero non moi pronunciada. Ao final encontrámonos unha fonte de lousa e unhas columnas que dan paso aos Montes de Cervantes (en verán, este paso adoita estar restrinxido).

A ruta finaliza na bifurcación inicial e co descenso ata o Albergue de Ancares.

Recursos

Na CampaBraña hai un hostal (Mesón Novo) e unha casa de labranza.

Comentarios

Esta ruta pódese facer de tres maneiras.

Por un lado, ir unicamente á Campa de Tres Bispos e regresar; por outro, ir polo desvío da dereita á Campa de Brego e regresar.

Ou ben pódense unir os dous como se fixo.

Dende a Campa de Tres Bispos parten outros dous sendeiros que se dirixen cara a Donís e cara aos cumios de Tres Bispos, Corno Maldito e Mostallar.

Igualmente, dende a Campa de Brego, unha vez no albergue (refuxio de cazadores de Brego), hai un sendeiro que leva ata o lago Forrón.



Mais Datos:
http://es.wikiloc.com









Fotos da Ruta>

Comentario:
Unha subida facil pois casi todo e pista...en pouco xa se pode subir en coche.
A volta xa e moi distinta...camiños de cazadores e por zoas de acibros e carballos, con boas vistas ...moi recomendable. As pendientes de baixada moi fortes....pero agradable.



2 comentarios: