miércoles, 30 de noviembre de 2011

Ruta de Sobrado dos Monxes

(Feita o Venres 9/12/2011)


Lugar:  Sobrado dos Monxes (Coruña)
Distancia: 16 km
Duración: 6
Dificultade: Media
Circular:Si


Saida do Mosteiro de Santa María de Sobrado pasando por a Lagoa que é de orixe artificial, foi construida entre os anos 1500 e 1530 polos monxes embalsando as augas de alguns rios pequenos para regar prados, mover muiños ou disponer de pesca. É unha masa de auga de forma case circular que ocupa unha superficie aproximada de 10 Ha., con unha profundidade media de 1,5 metros e máxima de 4,5 metros. Está situada a unha altitude de 510 metros e presenta unha variación anual do seu caudal duns 20 centímetros. Constitue unha boa representación do ecosistema lacustre no que habitan ras, patos, cabalos do demo, nutrias ou corvos mariños entre outras especies.

A Lagoa de Sobrado é o único lugar na Península Ibérica na que está rexistrada a alga “Nitella-Flexilis”. Enmarcando a lagoa podemos contemplar a típica vexetación arbórea do bosque-galería: bidueiros, alisos fresnos, sauces... que deixan paso a paisaxe agraria galega formada por prados, cultivos e fragas. Ademáis de ofrecer refuxio e alimento a fauna e flora palustres, este paraxe trasladanos a un ambente de estudo e ocio.
Paseando por camiños e chegando o monte Bocelo que é o mais alto da provincia, coronado con uns fermosos peñascos



Mais Informacion:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=796620










Comentarios dá Ruta:

A suba foi bastante suave pero como parece ser habitual nestas últimas rutas, a néboa e o orballo non deixaron que se poida gozar do paisaxe...así que haberá que conformarse co pouco que se ve. Unha vez no alto púidose comer ao abeiro das enorme pedras que alí hai, logo tomouse camiño cara a ou Dolmen Forno de Mouros para empezar ou descenso por camiños e corredoiras....algunas cheas de auténticos lamazales pola auga e o gando. Chegando pouco mais tarde a
A Lagoa de Sobrado e rematado de novo no Mosteiro de Sobrado dos monxes..donde un coche aparcado xusto na súa fachada cabréome o suficiente para que non o sacase unha foto a esta.

Unha ruta mais indicada para facer en tempo menos chuvioso



1 comentario:

  1. Un resfriado inoportuno convenceume de aplazar esta ruta para o proximo finde.

    ResponderEliminar